Programa Emprendemos Juntos

“Emprendemos Juntos” é un programa impulsado pola DXPEME no que participan administracións públicas e diferentes organizacións públicas e privadas do mundo económico-financeiro e académico, co obxectivo común de poñer de manifesto a importante contribución do empresariado e do emprendemento ao desenvolvemento económico e á creación de riqueza e emprego en España.

“Emprendemos Juntos” comezou en 2006 e hoxe é unha referencia da cooperación institucional a favor do emprendemento, tendo sido recoñecido como boa práctica pola Comisión Europea en 2007 e 2010.

En 2011, “Emprendemos Juntos” promove un enfoque dual:

  • Impulsa iniciativas e instrumentos públicos ou público-privados de desenvolvemento do emprendemento que presenten un enfoque innovador e transferible.
  • Promove a celebración de xornadas e foros de encontro no que as persoas emprendedoras e empresarias poidan compartir coñecementos e experiencias, tanto de éxito como de fracaso, e coñezan os instrumentos a disposición do emprendedor para impulsar a creación de empresas, a súa consolidación e internacionalización, mellorar o seu nivel de competitividade, estimular o desenvolvemento de redes de traballo académicas e empresariais e favorecer a colaboración empresarial.